luns, 7 de outubro de 2019

Outono


Estes primeiros días de curso estiveron cargados de novidades.
A nosa aula vese diferente; as mesas cambiaron, a distribución do mobiliario tamén e, o mellor de todo,...
temos unha nova compañeira!!!

Aos poucos retomamos a rutina escolar e, namentres, o outono  vaise facendo notar.

A mesa adicada ás exposicións encheuse de follas, froitos secos e outros produtos propios desta época; grazas á colaboración de todos temos un bonito recuncho onde podemos ver, tocar, ulir e sentir esta época do ano tan especial.


martes, 1 de outubro de 2019

Comezamos!!!


Ola a todos!

Logo dun tempo de descanso Colorines está de volta con todos nós, e ven con moitas ganas de contarvos as cousas que ocurren na nosa aula e no noso cole ao longo do curso escolar.






Nestes días está moi preguntón, e de cando en vez aparece para facernos preguntas ás que sempre quere que lle respondamos explicando o porqué. Un día, por exemplo, preguntounos que tal o pasaramos na fin de semana (ben, mal, estivemos aburridos, foi xenial...), e porqué; outro día quería saber se a noite anterior soñaramos algo, que tipo de soño foi (alegre, triste, de medo,..) e porqué; e así todas as semanas. A nós encántanos darlle respostas, así que nos turnamos todos para collelo en brazos e contarlle o que quere saber.