mércores, 18 de marzo de 2020

Teletraballo III

Ola familias!

Temos máis novidades para este espazo. Como podedes ver, engadimos novas seccións nas que os nosos profes especialistas irán compartindo material relacionado coas súas asignaturas. Podedes consultalo, se vos apetece, nas pestanas da "Aula de Música", "Estimulación da Linguaxe" e "English Corner".

Bicos e apertas de todos nós!!!

luns, 16 de marzo de 2020

Teletraballo II

Ola de novo! Que tal estades? 

Se estades atentos ao blog poderedes comprobar que diariamente iremos engadindo novidades, a fin de facer estes días un pouquiño mais levadeiros.
Son moitas as opcións que podedes atopar na web; a nosa intención é a de ofrecervos recursos que sabemos que son adecuados para as idades dos vosos nenos/as, ao mesmo tempo que  tratamos de manter o vínculo coa escola durante o tempo que se manteña esta situación. 
Para aqueles de vos que esteades no Facebook, informámosvos de que na conta "la biblioteca de los peques: literatura infantil y juvenil" estase a ofrecer xente do sector para realizar directos de contacontos a diario, a diferentes horas do día. Pensamos que pode ser un recurso interesante que, entre outras cousas, pode axudar a crear rutinas.

Aos nosos nenos e nenas enviámoslles un montón de bicos e apertas. E a vós, familias, moitos ánimos. Confiamos en que esta situación remate o antes posible.

Saúdos de Lucía, Isa e Pili.


venres, 13 de marzo de 2020

Teletraballo

Ola a todos!

Como ben sabedes, e debido as circunstancias nas que nos atopamos, non haberá clases durante uns días. 
Ofrecémosvos, pois, unha serie de propostas relacionadas cos contidos que estamos a desenvolver nas aulas de 3 e 4 anos. 
Podedes acceder a elas premendo nas pestanas "Xogamos?" e "Dinosaurios" que se atopan na barra superior desta mesma páxina.

Vémonos á volta!!!