mércores, 22 de abril de 2020

venres, 3 de abril de 2020

Comunicado do centro

Estimadas familias e alumnado: 
Nesta situación excepcional que estamos a vivir, debemos adicar tempo ao traballo, non perder as nosas rutinas habituais, pero tamén destinar tempo ao descanso e ao ocio. Conscientes diso, para estas vacacións non haberá deberes. O profesorado do CEIP Isaac Díaz Pardo no afán de colaborar coas familias e alumnado, intentando facer que o tempo nas casas sexa mais levadeiro e proveitoso, fixemos esta selección de contidos para que desfrutedes en familia.

#osdoisaacdiazpardoquedamosnacasa

Unha aperta moi grande e a desfrutar.



Hecho con Padlet

mércores, 18 de marzo de 2020

Teletraballo III

Ola familias!

Temos máis novidades para este espazo. Como podedes ver, engadimos novas seccións nas que os nosos profes especialistas irán compartindo material relacionado coas súas asignaturas. Podedes consultalo, se vos apetece, nas pestanas da "Aula de Música", "Estimulación da Linguaxe" e "English Corner".

Bicos e apertas de todos nós!!!

luns, 16 de marzo de 2020

Teletraballo II

Ola de novo! Que tal estades? 

Se estades atentos ao blog poderedes comprobar que diariamente iremos engadindo novidades, a fin de facer estes días un pouquiño mais levadeiros.
Son moitas as opcións que podedes atopar na web; a nosa intención é a de ofrecervos recursos que sabemos que son adecuados para as idades dos vosos nenos/as, ao mesmo tempo que  tratamos de manter o vínculo coa escola durante o tempo que se manteña esta situación. 
Para aqueles de vos que esteades no Facebook, informámosvos de que na conta "la biblioteca de los peques: literatura infantil y juvenil" estase a ofrecer xente do sector para realizar directos de contacontos a diario, a diferentes horas do día. Pensamos que pode ser un recurso interesante que, entre outras cousas, pode axudar a crear rutinas.

Aos nosos nenos e nenas enviámoslles un montón de bicos e apertas. E a vós, familias, moitos ánimos. Confiamos en que esta situación remate o antes posible.

Saúdos de Lucía, Isa e Pili.


venres, 13 de marzo de 2020

Teletraballo

Ola a todos!

Como ben sabedes, e debido as circunstancias nas que nos atopamos, non haberá clases durante uns días. 
Ofrecémosvos, pois, unha serie de propostas relacionadas cos contidos que estamos a desenvolver nas aulas de 3 e 4 anos. 
Podedes acceder a elas premendo nas pestanas "Xogamos?" e "Dinosaurios" que se atopan na barra superior desta mesma páxina.

Vémonos á volta!!!

venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido



Co pasarrúas de hoxe rematou esta semana de entroido, que foi moi intensa e divertida. A nosa Meca deixounos mandados todos os días, e entre piscinas, cores olímpicas e velliños e velliñas  chegou o venres e, con él, o desfile do Sr e a Sra pataca





Puidemos desfrutar, ademáis, dunha golosa degustación de doces propias destas datas, o concurso de caroutas, coas vosas orixinais propostas, e un divertido contacontos a cargo de Sabela Gago, que nos fixo pasar un rato moi entretido. 

Aproveitamos para darvos as grazas a todos pola vosa colaboración nunha semana tan especial. 



venres, 7 de febreiro de 2020

Visitas didácticas

Esta semana andivemos un tanto atarefados. Coincidironnos dúas saídas educativas, así que alá fomos, un día a un concerto, e outro ao museo.

No Palacio da Ópera, e da man de Lydia Botana, puidemos viaxar coa música por todo o mundo, sentindo e seguindo ritmos propios de diferentes culturas e países. Premendo na imaxe tedes un enlace da autora aos contidos do concerto.




No Muncyt tivemos ocasión de falar e reflexionar acerca do problema que supoñen os plásticos cando estes chegan ao mar, e cómo afectan aos animais mariños e ao seu ciclo de vida. Logo fomos ver a sala Iberia, onde puidemos entrar na parte delanteira do Boeing 747 "Lope de Vega", probar os seus asentos, subir ata a cabina do piloto e mesmo curiosear cómo son as ás dun avión por dentro. Resultou todo moi interesante.