Ola de novo! Que tal estades?
Se estades atentos ao blog poderedes comprobar que diariamente iremos engadindo novidades, a fin de facer estes días un pouquiño mais levadeiros.
Son moitas as opcións que podedes atopar na web; a nosa intención é a de ofrecervos recursos que sabemos que son adecuados para as idades dos vosos nenos/as, ao mesmo tempo que tratamos de manter o vínculo coa escola durante o tempo que se manteña esta situación.
Para aqueles de vos que esteades no Facebook, informámosvos de que na conta "la biblioteca de los peques: literatura infantil y juvenil" estase a ofrecer xente do sector para realizar directos de contacontos a diario, a diferentes horas do día. Pensamos que pode ser un recurso interesante que, entre outras cousas, pode axudar a crear rutinas.
Aos nosos nenos e nenas enviámoslles un montón de bicos e apertas. E a vós, familias, moitos ánimos. Confiamos en que esta situación remate o antes posible.
Saúdos de Lucía, Isa e Pili.
Ningún comentario:
Publicar un comentario