Trátase de series de imaxes (oito ou dez) pertencentes todas elas a un mesmo campo semántico, e con esta actividade pretendemos estimular tanto a linguaxe como as capacidades de observación, escoita e atención.
Traballamos cada serie de bits durante tres semanas:
Polo xeral, o primeiro día do pase parámonos a falar de cada unha das imaxes, comentando algo sobre elas e sobre a categoría á que pertencen (aves, planetas, razas de can, ...). Logo comeza o pase: a profe ensina durante un par de segundos cada un dos bits ao tempo que dí o seu nome, e todos repiten o nome antes de que apareza outro.
Nas dúas semanas seguintes serán os nenos/as os que dirán o nome antes de que o diga a profe, e así prestamos máis atención, xa que a todos nos gusta acertar á primeira.
Tratamos de que os bloques sexan de dificultade variada; non é o mesmo identificar e recordar nomes de científicos que de instrumentos musicais, aínda que cada vez poñerémolo máis difícil.
No seguinte documento podedes atopar un pouquiño máis de información:
Bits de Intelixencia
Ningún comentario:
Publicar un comentario