venres, 20 de decembro de 2019
xoves, 19 de decembro de 2019
"La Navidad del Hombre Rama"
![]() |
"La Navidad del Hombre Rama" y "La escoba voladora" |
Ése foi o título da curtametraxe que vimos hoxe na sala de proxeccións do CGAI; unha preciosa curta producida polo mesmo equipo que creou o "O Grúfalo" e "A filla do Grúfalo" que puidemos ver o pasado curso nesta mesma sala. De seguido vimos tamén "La escoba mágica". Todas estas historias están baseadas en contos da autora inglesa Julia Donaldson, e nos encantan!
Premendo na imaxe poderedes ver o trailer.
mércores, 18 de decembro de 2019
Remata o trimestre...
... e toca recoller parte do material empregado durante este tempo.
Con algo de pena comezamos a recoller o noso circo, pero a verdade é que o pasamos tan ben xogando a ser paiasos, equilibristas, malabaristas e domadores, que ao final decidimos mantelo durante un pouco máis de tempo á volta das vacacións. Despedímonos da carpa das fieras, e quedamos co resto dos xogos.

Se vos apetece ver xunto cos vosos fillos/as os vídeos que puxemos na aula, podedes atopalos na sección "Aprende con Colorines" que se atopa na columna da dereita. Eiquí tendes o enlace; confiamos en que vos gusten e vos sorprendan tanto coma nos sorprenderon a nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)